lunes, 26 de noviembre de 2018

AS EMOCIÓNS (AULA 5 ANOS A- 5 ANOS B)

Este ano non nos esquecemos de seguir traballando as emocions na aula, non solo na resolución de conflictos ou na forma de respetar aos nosos compañeros, senón que un venres ao mes en talleres mixtos traballaremos unha emoción, este caso foi o ENFADO.  Vimos un corto do Pato Donald, fixemos con xestos da nosa cara como sería estar moi enfadados e despoís escribimos nun papel que é o que nos fai sentir a nos enfadados.
Aquí unha pequena mostra:





ANIVERSARIO LUCAS (5 ANOS B)

Hoxe celebramos o aniversario de Lucas na aula, comimos unha tarta riquísima, fixemos uns
debuxos de regalo preciosos e Lucas regalounos a cada neno e nena un marcapáxinas chulísimo. Aquí algunas das fotos :)








domingo, 18 de noviembre de 2018

TRABALLAMOS A ATENCIÓN ATRAVÉS DE MOMENTOS RELAXANTES (5 ANOS B)

Aparte de relaxarnos facendo uso do xogo "masaxes por parellas", tamén facemos uso de "plumas máxicas" e destas "lámparas maravillosas".
O xogo consiste en estar moi atentos pra comprobar cal das lámparas remata 1ª,2ª,3ª e 4,ª. Mentres temos unha música de fondo moi relaxante que nos permite estar moi concentrados.
Traballamos asi a atención e a concentración unida coa relaxación.

MÁTEMATICAS ABN (SUMAS- 5 ANOS B)

Traballar facendo uso dun método manipulativo coma pode ser o ABN permite que chegado un momento os propios alumnos eles solos e polo seu pracer, facendo uso dunha folla en branco, un boneco e unha recta númerica....sexan capaces de inventarse as súas propias sumas. Aquí unha pequena mostra en imaxes, porque o video non me deixa subilo. :)



COMEZAMOS O PRÉSTAMOS DE LIBROS E MOCHILA VIAXEIRA (5 ANOS B)

 Esta semana demos comezo o préstamo de aula e mais a mochila viaxeira, polo que todos os venres os alumnos escolleran o libro que queren levar e farán o rexistro eles mesmos na súa libreta. Espero que disfrutedes moito destes novos contos.




O GUSTO POLA LECTURA (AULA 5 ANOS B- SUPERHEROES)

Este ano aproveitando que temos a biblioteca de infantil o lado da nosa clase e sabendo xa, que somos moi maiores e sabemos coidar os libros, aproveitamos un día a semana para facer lectura de imaxes dentro da aula. Despois contamoslle aos nosos compañeiros de que trataba o libro e por ultimo escribimolo título nun folio e facemos un debuxo do mesmo.







jueves, 8 de noviembre de 2018

PROXECTO LINGUAS INDÍXENAS (5 ANOS B)

Coma bem sabedes este ano estamos traballando o descubrimento de Ámerica, para despois adentranos nas culturas indixenas que alí vivían e que coñeceu Cristobal Colón. Para iso en 5 anos estamos facendo uso do noso panel de palabras secretas, e cada semana un neno ou nena debe abrir o seu sobre e ver que imaxe e palabra contén dentro. Apartir de ahí faremos as nosas investigacións.
:))))