lunes, 22 de junio de 2020

Giovanna cumpre 4 aniños

Hoxe é o aniversario de Giovanna, que fai 4 aniños. Moitos parabéns Giovi!!! 😘


Última semana do 2019-2020 (3 anos B)

Pois xa chegamos ao fin deste curso tan atípico que nos tocou. Os nenos/as de 3 anos B traballaron así de ben... 

A pesares das circunstancias adaptáronse e traballaron un montón e mantiveron o seu sorriso día tras día. Moi orgullosa de vos meus pequenos/as.

Quero agradecer tamén ás familias que estiveron aí sempre, traballando cos seus peques día tras día.

Moitas grazas. Foi un curso atípico pero estou encantada de tervos coñecido e de participar da educación destes pequenos/as.

ATA SEMPRE!! 😘


sábado, 20 de junio de 2020

DERRADEIRAS FOTIÑOS E VIDEOS DESTE CURSO (3 ANOS A)

AQUÍ DESPEDIMOS O CURSO OS PEQUES DE 3 ANOS A, CON ESTAS FOTIÑOS DAS PROPOSTAS DA SEMANA, E UN VIDEO DE ALGÚNS E ALGUNHAS DESPEDÍNDOSE DESTE CURSO. QUE DISFRUTEDES MOITO DAS VACACIÓNS E VÉMONOS A VOLTA NA NOVA CLASE DE 4 ANOS.!!!  :)









lunes, 15 de junio de 2020

Semana do 8-12 de xuño (3 anos B)

Aquí vos deixo as fotiños dos traballiños que fixeron os peques de 3 anos B a semana pasada. Todos/as uns VALENTES!!!

Con moita forza para a última semana deste curso!!


martes, 9 de junio de 2020

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente (Alumnado de 4 anos)

PROCUREMOS SEMPRE QUE OS NOSOS ACTOS, DEIXEN PEGADA VERDE NO NOSO CAMIÑO.
COIDEMOS A NOSA TERRA!

Os alumnos/as de 4 anos teñen claro que é preciso coidar o noso planeta e así o vemos nas súas reportaxes, debuxos e manualidades.

ANIVERSARIO DE PAULA (3 ANOS A)

Onte estivo de aniversario a nosa compi Paula, dende aquí mandámoslle moitos bicos e abrazos!! e desexamos que sexa moi moi feliz!!!



lunes, 8 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente (3 anos B)

O día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e os nenos/as de 3 anos B para celebralo leron o conto "A árbore da escola" e fixeron diversas actividades. Entre elas, abrazaron á súa árbore favorita. A miña é un castiñeiro que ten moooitos anos, cal é a túa??





Semana do 1-7 de xuño (3 anos B)

Esta semana comezamos xuño e os nenos e nenas de 3 anos B fixérono con moita forza e traballando tan ben coma eles saben. Noraboa pequenos/as.




sábado, 6 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5 DE MAIO)


O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, NON SOLO ABRAZARON ÁRBORES SENÓN QUE TAMÉN FIXERON UNHAS MANUALIDADES CHULÍSIMAS. MOITAS GRACIAS PEQUECHOS E A SEGUIR CUIDANDO O NOSO PLANETA COMA SE MERECE:





FOTIÑOS DAS ACTIVIDADES SEMANAIS (3 ANOS A)

AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS FOTOS DOS PEQUES NAS SÚAS CASAS XOGANDO E DIVERTÍNDOSE MOITO!!









sábado, 30 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (PEQUES DE 4 ANOS)

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DEU PARA MOITO:

  • Algúns cativos decidiron facer un resumo do Conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA
  • Outros, ensináronnos as pitiñas que teñen nas súas casas
  • Tamén, nos dixeron e escribiron cales son as súas PALABRAS FAVORITAS en GALEGO
  • E por último, fixeron debuxos,fichas,cantaron e bailaron ao son da nosa LINGUA.
AGORA TÓCANOS A NÓS GOZAR DAS SÚAS ACTIVIDADES. PARABÉNS RAPARIGOS!!


FOTIÑOS DAS PROPOSTAS SEMANAIS ( 3 ANOS A)

Aquí están algunhas das fotiños que os peques e as peques envían dende as súas casas!! mirade que ben o pasan!! moitísimas gracias familias!!






Aquí están un  par de videos que enviou Alex, para que vexades o ben que o pasa xogando o xogo dos saltos numéricos:




Antía tamén nos manda un video chulísimo xogando os saltos numéricos:


martes, 26 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DA FAMILIA (ALUMNADO DE 4 ANOS)

QUIZÁIS NON TEÑAMOS TODAS AS COUSAS MATERIAIS QUE DESEXÁSEMOS TER, PERO TEMOS O MELLOR DOS NOSOS TESOUROS:

A NOSA FAMILIA!!



lunes, 25 de mayo de 2020

Seguimos en DISNEYLAND... con Mulán! (5 anos A e B)


En Disneyland coñecimos a MULÁN, personaxe da película que leva o seu nome e inspirada nun poema chino, país que visitamos fai unhas semanas e do que xa podemos dicir que coñecemos un pouquiño das súas costumes.

Ana e Luis fixeron 4 anos

Parabéns para Ana e Luis que estiveron de aniversario. Xa teñen 4 aniños. Noraboa!!