viernes, 27 de diciembre de 2019

E... Chegou o Nadal!!

Nas aulas de 4 anos estivemos preparándonos para celebrar o Nadal, elaboramos adornos para a árbore da nosa casa, bolas para decorar o colexio e tamén o mantel para celebrar a festa de Fin de Ano no cole. Canto nos gustan estas datas!!!

domingo, 15 de diciembre de 2019

Traballando a Igualdade e Coeducación

Reflexión sobre os xoguetes: os xoguetes xon para todos e todas, soamente depende dos intereses de cada neno ou nena. Grazas Alba Alonso de Realkiddys

sábado, 14 de diciembre de 2019

Postais enviadas!! (5 anos-A)

Unha vez preparadas as postais  coa axuda das nosas familias, xuntámolas coas dos compañeiros das outras clases para entregarllas ao carteiro ou carteira e que as leve as nosas casas.
 Cal chegará a cada casa? SORPRESA, SORPRESA!
Tamén levamos a dos nosos compis Asier e Marina que onte non estaban no cole.

viernes, 13 de diciembre de 2019

O NOME ( 3 ANOS-A)

Despois de xogar durante todo o trimestre a recoñecer o noso nome entre varios, a coñecer as vogais e consoantes que leva e o son que fai cada unha de elas...tocou plasmar o aprendido nun cachiño de papel!!e sen dúbida canto aprenderon estas nenas e nenos :




CAIXA DE NADAL (3 ANOS -A)

Estes pequechos e pequechas xa pintaron e decoraron a nosa caixa de nadal, a cal está fermosísima decorando a árbore que temos na entrada do noso cole. Aquí as fotos do ben que pintaron eles soliños:








jueves, 5 de diciembre de 2019

Celebramos o último aniversario do ano, o da nosa LARIÑA!!

Onte celebramos o último aniversario do ano 2019, o da nosa compi Lara que nos vindeiros días cumple 5 aniños. E así de ben o pasamos... PARABÉNS, LARA!! Por moitos máis bailando contigo!



INFANTIL CONMEMORA O DÍA DA DISCAPACIDADE (3 DE DECEMBRO)

Durante toda a mañá o alumnado de infantil, estivo visionando distintos cortos e debuxos que trataban a discapacidade. Experimentamos a sensacións que poden sentir as persoas cegas ou que van en cadeira de rodas e... Rematamos o día sumándonos á iniciativa "BAIXO O MESMO PARAUGAS"

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (aulas 4 anos)

REXEITAMOS CALQUERA TIPO DE MALTRATO, NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)