No 2º trimestre os nenos e nenas de 5 anos estivemos investigando a vida dos celtas, non sabiamos quen eran pero pouco a pouco, e con moita axuda das nosas familias, averiguamos moitas cousiñas de eles. Un día apareceu na nosa aula un ser extraño, que resultou ser un celta, ao que chamamos ZAC, e con el aprendimos como vivían, onde, como eran as súas casas, a que se adicaban, o que comían, o significado dos seus símbolos,... Canto traballaron estes peques!
No hay comentarios:
Publicar un comentario