A scrapbooking design by Smilebox |
miércoles, 16 de mayo de 2012
Proxecto "Pequenos Artistas"
Neste trimestre, os nenos e nenas de 5 anos estamos traballando nun novo proxecto, esta vez estamos investigando sobre os grandes pintores e as súas obras. Para elo, o primeiro que fixemos foi preguntarlle as nosas familias o nome de un pintor e un dos seus cadros máis famosos. E así foi, con toda a información que trouxemos da casa construimos o noso recanto da arte. A partir de ahí comezamos a traballar naquelas pinturas que máis nos gustaron e as diferentes técnicas que empregan os pintores para realizar as súas obras de arte.E niso seguimos traballando!
Pero un luns pola mañá, tivemos unha visita sorpresa! Veu a visitarnos un pintor, o "pintor José", que ademáis de ser pintor é profe no noso cole. Trouxonos un montón de cadros que pintou, e contounos como e con que materiais realizou cada un de eles! Foi unha visita moi agradable e agradecémoslle moito que compartira connosco o seu dote artístico!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario