lunes, 16 de marzo de 2020
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES ED. INFANTIL
Boas, familias!
Como seguro xa sodes coñecedores, a Consellería de Educación determinou que durante os vindeiros 15 días o profesorado lle fagamos chegar polos medios telemáticos ao noso alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que poidan realizar no domicilio.
Así, o Equipo de Ed. Infantil fixemos unha compilación de propostas lúdicas. Non se trata de saturar aos nenos e nenas pero sí de que sigan unhas rutinas as que están acostumados.
Podedes atopar as actividades na parte dereita deste blogue.
Todas elas poden adaptarse aos gustos, capacidades, destrezas, habilidades e interese dos voso fillos e fillas.
Durante estes días seguiremos subindo o material que poida ser de interese para os cativos e cativas para pasar estes días complicados.
Moito ánimo a todas as familias e en especial para o noso alumnado!
Un saúdo,
O Equipo de Ed.Infantil.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario