lunes, 30 de octubre de 2017

As abellas no Samaín parte 2

 Continuamos disfrutando do Samaín.
 Nesta ocasión vaciamos unha cabaza e puxémoslle unha veliña no seu interior para rematar a mañá disfrazándonos de Drácula e Mavis da película que estamos vendo nestas semanas titulada "Hotel Transilvania".
 De paso traballamos as emocións (neste caso, o medo) a través do cine.


As abellas no Samaín parte 1

  As abellas comezamos coa celebración do Samaín xa fai uns días...
  Primeiro decorando a aula e o noso corredor, facéndonos moi amig@s da "araña peluda" e tamén traballando na nosa variña máxica!!!!


As abellas que cumplen anos en Outubro son...

Neste mes de Outubro celebramos nada máis e nada menos que catro aniversarios... !!!!
Mirade o ven que o pasamos festexando e comendo tantas tartas saborosas...


As Abellas traballan con xogos ABN 1ª parte

Comezamos o curso e non paramos de traballar xogando cos números gracias os nosos xogos ABN
Preparádevos ben porque esta é só a primeira entrega deste curso. Mirade, mirade...


A CAIXA COME-MEDOS (4 ANOS B-SUPERHEROES)


Co motivo do Samaín, os cativos de 4 anos traballamos na aula que é "o medo" e que é "o que nos da medo". Por iso fixemos unha caixa come-medos e coa axuda das familias os nenos e nenas debuxaron e escribiron nunha cartulina aquelo que máis medo lles daba. Na clase cada alumno/a gardou a súa tarxeta dentro da caixa  e desta forma deixarían de ter medo. Nas fotos podedes ver un pouquiño de como fixemos a caixa e como xogamos con ela despois.











XOGAMOS CON ABN (4 ANOS B-SUPERHEROES)



Queridas familias, aquí estamos os superheroes traballando as matemáticas ABN. Estos días estamos coñecendo as formas xeométricas a través do tacto para despois todos xuntos facer diferentes series ou clasificacións. Tamén estamos xogando co noso puzzle de números , para asociar número a cantidade. Neste mesmo puzzle practicamos a cantinela de números e os contamos; tamén facemos a retroconta coma se un cohete fose a despegar.
Aquí tedes algunhas das novas fotos. Esperamos que vos guste moito.

















TAMARA (4 ANOS)



Queridas familias, aquí estamos os cativos de 4 anos coñecendo máis historias preciosas a través do cine. A última historia que coñecemos foi a de Tamara, unha nena sorda a que lle gustaría ser bailarina. Esperamos que vos guste pois a nos encantounos. Despois de ver a curtametraxe xuntos , fixemos unha actividade plástica e con tela de tul rosa colocamos a falda de Tamara.
Aquí deixamos a link:








domingo, 29 de octubre de 2017

INSIDE OUT (4 ANOS)

Os nenos e nenas de 4 anos seguimos emocionándonos co cine, por iso xuntámonos de novo para ver a película INSIDE OUT ou AO REVÉS.
Despois mezclámonos cos nosos compañeiros e compañeiras, fomentando así as relacións sociais, e fixemos unha actividade plástica. Aquí quedan as fotos desta nova actividade.











jueves, 26 de octubre de 2017

OUTRO CORTO NO NOSO PROXECTO EMOCIÓNATE CÓ CINE

Un venres máis as aulas de 4 anos xuntámonos para visionar un novo corto. Neste caso titulado "Piper", o cal nos fai reflexionar sobre como medrar nun mundo que nos parece tan grande, ó ser nós tan pequenos e saber saír adiante vencendo os obstáculos. Aquí vos queda o enlace e algunha fotiño.

.https://www.youtube.com/watch?v=any-3GCYWjs