Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (PEQUES DE 4 ANOS)

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DEU PARA MOITO:

  • Algúns cativos decidiron facer un resumo do Conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA
  • Outros, ensináronnos as pitiñas que teñen nas súas casas
  • Tamén, nos dixeron e escribiron cales son as súas PALABRAS FAVORITAS en GALEGO
  • E por último, fixeron debuxos,fichas,cantaron e bailaron ao son da nosa LINGUA.
AGORA TÓCANOS A NÓS GOZAR DAS SÚAS ACTIVIDADES. PARABÉNS RAPARIGOS!!


jueves, 24 de octubre de 2019

PREPARANDO DEBUXOS PARA O CONCURSO DE SAMAÍN...(5 anos)

Estes días estivemos realizando os debuxos terroríficos de Samaín para o concurso que organiza o Equipo de Dinamizaciòn da Lingua Galega. Tivemos que enviarlle a este Equipo un de cada aula, e para eso os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha votaciòn. O alumnado de 5 anos B votou e elexiu o debuxo da aula de 5 anos A e viceversa, e gardaremos moi ben o segredo. Non  foi tarefa sinxela, xa que temos grandes artistas!! Agora a decisiòn a terá o xurado... o vindeiro día 30 sairemos de dúbidas!!

sábado, 9 de junio de 2018

ACTIVIDADES DE USO E FOMENTO DA LINGUA GALEGA MEDIANTE CONTOS

REPRESENTACIÓN DO CONTO: O OSIÑO BUMI NA SÚA CASA
Como nos gustou tanto este conto, quixemos representalo empregando os materiais dispoñibles na aula, e realizando unhas carautas para a escenificación.



CANCIÓN: "CARACOL CARACOLEIRO" 
Despois das lecturas da colección CARACOIS, aprendimos a canción Caracol Caracoleiro e cantámola nalgunha aula de educación infantil


ADIVIÑA DA TARTARUGA 
Despois do visionado da TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR aprendimos a seguinte adiviña: "Levo a miña casa enriba, a miña cabeza é de serpe e, aínda que vou mou amodiño, máis lento é o caracol".

ACTIVIDADES DE USO E FOMENTO DA LINGUA GALEGA MEDIANTE CONTOS

A ESCADA VERMELLA
A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR
O OSIÑO BUMI NA SÚA CASA
COLECCIÓN CARACOIS DE ARMANDO QUINTERO

martes, 8 de mayo de 2012

ACTIVIDADE PARA TRABALLAR CON PAZ ANDRADE

Actividade NoteBook elaborada polo equipo de E. Infantil do Grupo de Traballo O EDI NA AULA do CEIP P. Infante Felipe de Borbón.
Para traballar con ela só temos que premer na imaxe e agardar á descarga.