Mostrando entradas con la etiqueta 4 anos A. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4 anos A. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

martes, 9 de junio de 2020

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente (Alumnado de 4 anos)

PROCUREMOS SEMPRE QUE OS NOSOS ACTOS, DEIXEN PEGADA VERDE NO NOSO CAMIÑO.
COIDEMOS A NOSA TERRA!

Os alumnos/as de 4 anos teñen claro que é preciso coidar o noso planeta e así o vemos nas súas reportaxes, debuxos e manualidades.

viernes, 22 de mayo de 2020

domingo, 10 de mayo de 2020

O ALUMNADO DE 4 ANOS DI NON AO ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio conmemoramos o Día Mundial contra o Acoso Escolar, por ese motivo, os cativos e cativas de 4 anos decidiron deixar as súas mensaxes reivindicativas contra todas aquelas conductas e actitudes que non favorecen ao grupo e que poden facer sentir mal a calquera.

lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES ED. INFANTIL

Boas, familias! Como seguro xa sodes coñecedores, a Consellería de Educación determinou que durante os vindeiros 15 días o profesorado lle fagamos chegar polos medios telemáticos ao noso alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que poidan realizar no domicilio. Así, o Equipo de Ed. Infantil fixemos unha compilación de propostas lúdicas. Non se trata de saturar aos nenos e nenas pero sí de que sigan unhas rutinas as que están acostumados. Podedes atopar as actividades na parte dereita deste blogue. Todas elas poden adaptarse aos gustos, capacidades, destrezas, habilidades e interese dos voso fillos e fillas. Durante estes días seguiremos subindo o material que poida ser de interese para os cativos e cativas para pasar estes días complicados. Moito ánimo a todas as familias e en especial para o noso alumnado! Un saúdo, O Equipo de Ed.Infantil.

viernes, 3 de enero de 2020

VISITA DOS REIS MAGOS

Os Reis Magos de Oriente viñeron ata o cole para poder entregarlles as nosas cartas cos nosos dexesos!! Que ilusión!!!