lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES ED. INFANTIL

Boas, familias! Como seguro xa sodes coñecedores, a Consellería de Educación determinou que durante os vindeiros 15 días o profesorado lle fagamos chegar polos medios telemáticos ao noso alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que poidan realizar no domicilio. Así, o Equipo de Ed. Infantil fixemos unha compilación de propostas lúdicas. Non se trata de saturar aos nenos e nenas pero sí de que sigan unhas rutinas as que están acostumados. Podedes atopar as actividades na parte dereita deste blogue. Todas elas poden adaptarse aos gustos, capacidades, destrezas, habilidades e interese dos voso fillos e fillas. Durante estes días seguiremos subindo o material que poida ser de interese para os cativos e cativas para pasar estes días complicados. Moito ánimo a todas as familias e en especial para o noso alumnado! Un saúdo, O Equipo de Ed.Infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario