jueves, 20 de febrero de 2020

E como é tempo de ENTROIDO... (5 anos)

Como estamos en tempo de ENTROIDO, elaboramos as nosas máscaras, alegres, enfadadas, monstruosas, con cara de paiaso, asombradas... tivemos para todos os gustos!!
O mellor de todo... que teñen dúas caras para poder cambiala!








miércoles, 19 de febrero de 2020

Brochetas de froita con... CHOCOLATE!! (5 anos)

Os nenos e nenas de 5 anos, aproveitamos que nos quedaran algunhas pezas de froita da semana pasada para elaborar brochetas de mazá e mazá e plátano con... RICO CHOCOLATE!!
Pero que lambones que somos!!!




martes, 18 de febrero de 2020

sábado, 15 de febrero de 2020

VISITA DUENDE CASCABEL (3 Anos A)

Onte Cascabel deixounos unha mensaxe no noso ordenador. Escondeu polo cole un montón de agasallos, e nós tiñamos que atopalos. Buscamos pola clase, nos baños.... e por último no patio!!!Atopamos todo??














jueves, 13 de febrero de 2020

Merendas con froita fresca!! (5 anos)

Estas dúas semanas estamos merendando no cole unha  froita cada día: plátano, mazá verde, mandarina, pera, mazá colorada, clementina... unhas nos gustan máis e outras menos, pero todos e todas as probamos.
Aproveitamos para traballar o reparto, as metades, o doble, texturas, se as precisamos pelar ou non, a cor, o seu peso... e fixemos un rexistro da cantidade de froita que comemos cada un de nòs cada un dos días.



FROITA FRESCA (3anos A)

Como nos gusta a froita 😃











A NOSA INICIAL (3 anos A)

Seguimos traballando a lectoescritura...recoñecemos a nosa inicial, pintámola con pintura de dedos, e despois puxémoslles unhas pegatinas preciosas. Agora temos que colgalas nas paredes de clase para non esquecelas.






Preparando o entroido (3 Anos-A)

Xa comezamos a preparar os complementos que imos levar no noso desfile. Ademais fixemos algunhas máscaras preciosas para adornar o noso cole!!