lunes, 30 de marzo de 2020

Os nenos e nenas de 5 anos-A o teñen clariño... #YoMeQuedoEnCasa

Os nenos e nenas da aula de Elmer, o teñen ben clariño... e queren compartir este fantástico video que fixeron xunto as súas familias nestes días de confinamento.
Pequenas e pequenos grandes heroes e heroínas que nos están a dar unha GRAN LECCIÒN DE VIDA!!
Orgullosa de vòs, pequechos!!
GRAZASSS, valientess!!!😉


lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES ED. INFANTIL

Boas, familias! Como seguro xa sodes coñecedores, a Consellería de Educación determinou que durante os vindeiros 15 días o profesorado lle fagamos chegar polos medios telemáticos ao noso alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que poidan realizar no domicilio. Así, o Equipo de Ed. Infantil fixemos unha compilación de propostas lúdicas. Non se trata de saturar aos nenos e nenas pero sí de que sigan unhas rutinas as que están acostumados. Podedes atopar as actividades na parte dereita deste blogue. Todas elas poden adaptarse aos gustos, capacidades, destrezas, habilidades e interese dos voso fillos e fillas. Durante estes días seguiremos subindo o material que poida ser de interese para os cativos e cativas para pasar estes días complicados. Moito ánimo a todas as familias e en especial para o noso alumnado! Un saúdo, O Equipo de Ed.Infantil.

jueves, 12 de marzo de 2020

Traballamos en marzo... (3 anos B)

Este mes comezamos con moitas ganas e as actividades que realizamos foron moi diversas.

- Celebramos o día da Muller, que foi o 8 de marzo.
 Debuxamos á muller máis importante para nós e lemos  o conto "La princesa rebelde": https://www.youtube.com/watch?v=87G7HN04JQQ

- Realizamos diferentes actividades de lóxica-matemática:


- Realizamos un taller de psicomotricidade fina:




- Na asemblea aprendemos máis sobre os nosos nomes:

- E tamén nos deu tempo de relaxarnos:

miércoles, 11 de marzo de 2020

8M traballamos a igualdade (3 Anos A)



Esta semana estamos traballando na aula a igualdade entre nenos e nenas, e a importancia de respetarnos. Tamén traballamos a importancia de que todos e todas podemos ser o que queiramos ser. Para todo isto facemos uso dos contos, o mellor recurso para traballar cos mais pequenos e pequenas.











Talleres de grafia, lecto e matemáticas (3 anos A)

Esta semana traballamos diferentes actividades na aula coma: escribir o noso nome, facer grafías con rotulador, clasificar por cores, facer a grafía dos números etc!!!!xogando é coma mellor aprendemos:









MÚSICA (3 Anos A)

Hoxe na clase de música coa profe Elvira estiveron xogando coas maracas e as panderetas. Comprobando sons, facendo música, etc. e desfrutaron un montón:



martes, 10 de marzo de 2020

Mateo N. Xa ten 4 anos

A semana pasada Mateo N. celebrou con nós o seu aniversario e tróuxonos un biscoito moooi rico. Parabéns para Mateo e grazas polo biscoito 😋





sábado, 7 de marzo de 2020

Aniversario Alex(3 Anos -A)

Esta semana cumpriu 4 anos o noso compi Alex!!!comimos un rico biscoito e despois agasallou a todos os seus amigos e amigas de clase cunhas máscaras de superheroes e superheroínas. Moitas gracias Alex!!




jueves, 5 de marzo de 2020

Aniversario Nuria (3 Anos -A)

Esta semana celebramos na clase o cumple da nosa compi Nuria!!xa ten 4 aniños!!!felicidades!!!
Aquí algunhas fotos de ese día: