Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos B. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos B. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de junio de 2020

Giovanna cumpre 4 aniños

Hoxe é o aniversario de Giovanna, que fai 4 aniños. Moitos parabéns Giovi!!! 😘


Última semana do 2019-2020 (3 anos B)

Pois xa chegamos ao fin deste curso tan atípico que nos tocou. Os nenos/as de 3 anos B traballaron así de ben... 

A pesares das circunstancias adaptáronse e traballaron un montón e mantiveron o seu sorriso día tras día. Moi orgullosa de vos meus pequenos/as.

Quero agradecer tamén ás familias que estiveron aí sempre, traballando cos seus peques día tras día.

Moitas grazas. Foi un curso atípico pero estou encantada de tervos coñecido e de participar da educación destes pequenos/as.

ATA SEMPRE!! 😘


miércoles, 17 de junio de 2020

Mariana xa ten 4 anos

Hoxe foi un día moi especial para a nosa compañeira Mariana. Cumpriu 4 aniños!!!
Parabéns para ela, un montón de bicos e de abrazos e os mellores desexos!!


lunes, 15 de junio de 2020

Semana do 8-12 de xuño (3 anos B)

Aquí vos deixo as fotiños dos traballiños que fixeron os peques de 3 anos B a semana pasada. Todos/as uns VALENTES!!!

Con moita forza para a última semana deste curso!!


lunes, 8 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente (3 anos B)

O día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e os nenos/as de 3 anos B para celebralo leron o conto "A árbore da escola" e fixeron diversas actividades. Entre elas, abrazaron á súa árbore favorita. A miña é un castiñeiro que ten moooitos anos, cal é a túa??





Semana do 1-7 de xuño (3 anos B)

Esta semana comezamos xuño e os nenos e nenas de 3 anos B fixérono con moita forza e traballando tan ben coma eles saben. Noraboa pequenos/as.




martes, 2 de junio de 2020

Semana do 25 ao 29 de maio (3anos B)

A semana pasada os nenos/as de 3 anos B aproveitaron o bo tempo para darse un chapuzón, pero tamén traballaron moito.

Ánimos pequenos/as, que xa queda pouquiño!!



lunes, 25 de mayo de 2020

Ana e Luis fixeron 4 anos

Parabéns para Ana e Luis que estiveron de aniversario. Xa teñen 4 aniños. Noraboa!!



Semana do 18-24 de maio (3anos B)

Os cativos de 3 anos B non paran e enriba o tempo acompaña. Aquí podedes ver todo o que fan durante a semana. Grazas a eses pequenos/as por esa forza e ás súas familias polo traballo extra que realizan a diario!!




lunes, 18 de mayo de 2020

Semana 11-15 de maio (3 anos B)

Aquí vos deixo unha mostra de todo o que traballaron os nenos/as de 3 anos B esta semana, na que ademais celebramos o Día da familia (15 de maio).





lunes, 11 de mayo de 2020

Semana do 4-8 de maio (3 anos B)

Aquí vos deixo unha mostra de todo o que traballaron os pequenos e pequenas de 3 anos B esta semana.

Están feitos uns VALENTES!!


domingo, 3 de mayo de 2020

Semana do 27 de abril ao 1 de maio (3 anosB)

Esta semaniña os pequenos/as de 3 anos B non pararon ningún intre. Pero aínda así, deulles tempo de dar o seu primeiro paseiño pola rúa durante este confinamento e, ademais, celebraron o Día da Educación Física (28 de abril) correndo, bailando, en patinete, recuperando forza con merendas saudables e, incluso visitando o cole 😍.

Aquí vos deixo unha mostra de todo o que fan estes pequenos/as VALENTES. Orgullosa deles!!





lunes, 27 de abril de 2020

Semana do 20-26 de abril (3 anos B)

Os pequenos/as de 3 anos B non pararon esta semana. Quedaron na casa traballando, xogando e aprendendo en familia.

Un aplauso para ese cativos/as e tamén para esas superfamilias!!!


domingo, 26 de abril de 2020

Semana do Libro 2020 (3 anos A-B)

Os pequenos e pequenas de 3 anos, celebramos a semana do libro. E para mostra este pequeno vídeo...


lunes, 20 de abril de 2020

TRABALLAMOS NA CASA (3 anos B)

Os pequechos/as de 3 anos B andan todos atarefados, facendo traballiños dende a casa. Son uns CAMPIÓNS. E mostra de todo o que teñen traballado ao longo deste mes que levamos de confinamente aquí vos deixo un vídeo. ORGULLOSA DE VÓS HÉROES E HEROÍNAS.




A semana pasada os nenos/as leron o conto de "La vaca que puso un huevo" e decoraron este ovos tan chulos...



lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES ED. INFANTIL

Boas, familias! Como seguro xa sodes coñecedores, a Consellería de Educación determinou que durante os vindeiros 15 días o profesorado lle fagamos chegar polos medios telemáticos ao noso alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que poidan realizar no domicilio. Así, o Equipo de Ed. Infantil fixemos unha compilación de propostas lúdicas. Non se trata de saturar aos nenos e nenas pero sí de que sigan unhas rutinas as que están acostumados. Podedes atopar as actividades na parte dereita deste blogue. Todas elas poden adaptarse aos gustos, capacidades, destrezas, habilidades e interese dos voso fillos e fillas. Durante estes días seguiremos subindo o material que poida ser de interese para os cativos e cativas para pasar estes días complicados. Moito ánimo a todas as familias e en especial para o noso alumnado! Un saúdo, O Equipo de Ed.Infantil.

jueves, 12 de marzo de 2020

Traballamos en marzo... (3 anos B)

Este mes comezamos con moitas ganas e as actividades que realizamos foron moi diversas.

- Celebramos o día da Muller, que foi o 8 de marzo.
 Debuxamos á muller máis importante para nós e lemos  o conto "La princesa rebelde": https://www.youtube.com/watch?v=87G7HN04JQQ

- Realizamos diferentes actividades de lóxica-matemática:


- Realizamos un taller de psicomotricidade fina:




- Na asemblea aprendemos máis sobre os nosos nomes:

- E tamén nos deu tempo de relaxarnos:

martes, 10 de marzo de 2020

Mateo N. Xa ten 4 anos

A semana pasada Mateo N. celebrou con nós o seu aniversario e tróuxonos un biscoito moooi rico. Parabéns para Mateo e grazas polo biscoito 😋





miércoles, 12 de febrero de 2020

ARIA E MARTIN XA CUMPRIRON 4 ANOS!! QUE MAIORES

Pois si, estes cativos/as crecen moi rápido e o día 1, Aria cumpriu 4 aniños. O día 12 foi Martín quen os cumpriu e celebrárono así de ben en clase, cos seus compañeiros/as e cuns biscoitos, que seguro que estaban riquisímos. Parabéns para Aria e para Martín











martes, 7 de enero de 2020

FESTA FIN DE ANO 3 ANOS B

Paseniño, paseniño o primeiro trimestre rematou e o ano 2019 tamén. E para recordar o ben que o pasamos, aquí unhas fotiños dos últimos días do trimestre.




































E por fin chegou o día de celebrar a nosa "FESTA DE FIN DE ANO" para o que nos vestimos moi elegantes...






































E preparámonos para a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente...