Mostrando entradas con la etiqueta Aula as xirafas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula as xirafas. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente (3 anos B)

O día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e os nenos/as de 3 anos B para celebralo leron o conto "A árbore da escola" e fixeron diversas actividades. Entre elas, abrazaron á súa árbore favorita. A miña é un castiñeiro que ten moooitos anos, cal é a túa??





lunes, 25 de mayo de 2020

Seguimos en DISNEYLAND... con Mulán! (5 anos A e B)


En Disneyland coñecimos a MULÁN, personaxe da película que leva o seu nome e inspirada nun poema chino, país que visitamos fai unhas semanas e do que xa podemos dicir que coñecemos un pouquiño das súas costumes.

miércoles, 20 de mayo de 2020

martes, 12 de mayo de 2020

Destino... AUSTRALIA!! ( 5 anos A e B)

A semana pasada viaxamos a un novo continente... e chegamos a AUSTRALIA!! Coñecimos como é a súa bandeira, vimos animaliños como canguros, koalas, sumerxímonos na arte aborixe, fixémonos tatuaxes como os maoríes,e ata tivemos tempiño para facer rimas, comecocos con preguntas sobre o país e por suposto sair de paseo, andar en bici, en patinete, xogar, saltar, cociñar,e algún ata fixemos un maio!! 



miércoles, 6 de mayo de 2020

DESTINO...EEUU (5 anos A e B)

 Na viaxe que fixemos a semana pasada visitamos os EEUU, achegámonos ata Nova York a ver a estatua da liberdade,e quixemos ser coma ela! , os seus rañaceos con tantísimos pisos que tivemos que contar un rato largo... por suposto que fixemos o nosos propio...
Como se conmemoraba o Día da Educación Física tamén tivemos tempo para correr, bailar, andar en bici e rematar cunha merenda do máis saudable!

 

miércoles, 29 de abril de 2020

Destino... KENIA (5 anos A e B)

Pois a semana pasada saltamos de continente, para visitar o continente africano e achegarmos a KENIA. Convertímonos en verdadeiros masais!!
Que ben o estade s facer con estes nen@s, familias!!


domingo, 26 de abril de 2020

Ratoncito Pérez

Mateo tuvo estos días dos visitas muy especiales, las del Ratoncito Pérez!!

HOXE CONTAMOS NÓS... (5 anos A e B)

Nesta semana na que celebrabamos nas nosas casiñas o DÍA DO LIBRO, as nenas e nenos das aulas de 5 anos quixeron contarnos un conto, amosarnos os seus preferidos e ata inventaron historias!!
Podes pinchar en cada imaxe para escoitar cada un dos contos que tan ben nos narran estes nenos e nenas.

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS... E CREACIÓN DE HISTORIAS...



HOXE CONTAMOS NÓS...

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS... E CREACIÓN DE HISTORIAS...

miércoles, 22 de abril de 2020

MISIÓN... QUEDARSE EN CASA... (5 anos)

Pois como a nosa MISIÓN É... QUEDARSE EN CASA... así o estamos cumplindo e aprovetamos este tempiño para facer un montón de cousas: XOGAR, DEBUXAR, VIAXAR, COCIÑAR, EXPERIMENTAR, FACER MANUALIDADES, INVESTIGAR, CANTAR, BAILAR, APLAUDIR... entre outras moitas!!
Seguimos...

lunes, 20 de abril de 2020

E AGORA CONTAS TÍ (SEMANA DO LIBRO)

Queridas familias, apesar de non estar presentes no cole, queremos celebrar una conmemoración que nos marca o noso calendario escolar: “A semana do libro”. Para iso, presentamos dúas propostas de actividades deixando así a vosa elección cal escoller:

1ª : Cada neno ou nena escollerá ou seu conto preferido para leer na casa en familia e despois mandará a súa titora unha foto co libro nas mans.
2ª: Cada neno ou nena pode , con axuda da súa familia, inventarse un pequeno conto , co seu título, os seus personaxes, etc. E despois mandará unha foto a súa titora co debuxo da portada do conto que se inventou.

As mestras tamén queremos deixar a nosa pegada nesta semana tan importante. Aquí tedes as nosas fotos cos nosos libros preferidos. Un saúdo para todos e todas.


As mestras de Educación Infantil 




sábado, 18 de abril de 2020

Carmen está de cumple!




Os teus compañeros e a profe desexámoste Moitas Felicidades!!
Pronto estaremos xuntos  para celebralo


jueves, 20 de febrero de 2020

E como é tempo de ENTROIDO... (5 anos)

Como estamos en tempo de ENTROIDO, elaboramos as nosas máscaras, alegres, enfadadas, monstruosas, con cara de paiaso, asombradas... tivemos para todos os gustos!!
O mellor de todo... que teñen dúas caras para poder cambiala!








miércoles, 19 de febrero de 2020

Brochetas de froita con... CHOCOLATE!! (5 anos)

Os nenos e nenas de 5 anos, aproveitamos que nos quedaran algunhas pezas de froita da semana pasada para elaborar brochetas de mazá e mazá e plátano con... RICO CHOCOLATE!!
Pero que lambones que somos!!!




jueves, 13 de febrero de 2020

Merendas con froita fresca!! (5 anos)

Estas dúas semanas estamos merendando no cole unha  froita cada día: plátano, mazá verde, mandarina, pera, mazá colorada, clementina... unhas nos gustan máis e outras menos, pero todos e todas as probamos.
Aproveitamos para traballar o reparto, as metades, o doble, texturas, se as precisamos pelar ou non, a cor, o seu peso... e fixemos un rexistro da cantidade de froita que comemos cada un de nòs cada un dos días.